Elvira Lindo Garrido é unha escritora e xornalista española nada en Cádiz o 23 de xaneiro de 1962.
Traxectoria Con doce anos trasladouse a vivir a Madrid, onde estudaría a carreira de Xornalismo compaxinándoa co seu primeiro traballo como locutora de radio, en Radio Nacional de España. Non chegou a rematala, xa que optou por abandonala e dedicarse integramente ás súas facetas de locutora, actriz e guionista en radio e televisión.
A súa primeira novela xurdiu a raíz dun dos seus personaxes radiofónicos, ó que ela mesma puña voz, o neno Manolito Gafotas, que vivía no seo dunha familia humilde no barrio madrileño de Carabanchel (Alto) coa súa familia: unha nai autoritaria, un pai traballador, un avó permisivo e un irmán demasiado pequeno e inxenuo ó que Manolito se refire como El Imbécil. Manolito converteuse nun dos personaxes máis populares da literatura infantil española (o que deu fama tamén á súa creadora) protagonizando varias novelas narradas en primeira persoa (Manolito Gafotas, Pobre Manolito, ¡Cómo molo!, Los trapos sucios, Manolito on the road, Yo y el Imbécil e Manolito tiene un secreto) e escritas cun sólido estilo literario, humor, ironía e unha aguda crítica social. As súas historias foron levadas ó cinema en dúas ocasións coas películas Manolito Gafotas (1999), de Miguel Albaladejo e Manolito Gafotas en ¡Mola ser jefe! (2001), de Joan Potau. Tamén foi levado á pequena pantalla en 2004 coa serie de Antena 3 Manolito Gafotas, que dirixiu Antonio Mercero.
A autora escribiu así mesmo novelas para adultos e teatro, ademais de ser guionista das películas La primera noche de mi vida xunto a Miguel Albaladejo, de Manolito Gafotas, Ataque verbal, de novo xunto ó director alacantino, Plenilunio adaptación da novela do seu home, o escritor e académico Antonio Muñoz Molina. Desde que este foi nomeado director do Instituto Cervantes en Nova York, Elvira Lindo reside nesta cidade.
Colabora regularmente desde hai anos en El País con artigos de opinión, así como en diversas revistas e diarios. As súas exitosas columnas en clave de humor, Tinto de Verano, que durante anos publicou El País, foron recollidas nun libro co mesmo nome.
Realizou algúns pequenos papeis como actriz, principalmente en películas das que era guionista ou baseadas en obras súas.
En 1998 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Los trapos sucios de Manolito Gafotas e en 2005 o XIX Premio Biblioteca Breve por Una palabra tuya.
Obra Narrativa infantil 1994: Manolito Gafotas (traducido do galego, Manolito Catrollos) 1995: ¡Cómo molo!: (otra de Manolito Gafotas) 1996: Pobre Manolito 1997: Los trapos sucios de Manolito Gafotas 1998: El otro barrio 1998: Manolito on the road. 1999: Yo y el imbécil 2002: Manolito tiene un secreto (traducido ao galego, Manolito ten un segredo) 2006: Recuerdos sobre ruedas 2012: Mejor Manolo. Narrativa para adultos 2002: Algo más inesperado que la muerte. 2005: Una palabra tuya.
Contos 1996: Olivia y la corte de los Reyes Magos. 1997: La abuela de Olivia se ha perdido. 1997: Olivia no quiere bañarse. 1997: Olivia no quiere ir al colegio. 1997: Olivia no sabe perder. 1997: Olivia y el fantasma. 1997: Olivia tiene cosas que hacer. 1999: Charanga y pandereta. 2000: Bolinga. 2000: Amigos del alma.
Teatro 1996: La ley de la selva. 2004: La sorpresa del roscón.
Guións 1998: Manolito Gafotas, de Miguel Albaladejo. 1998: La primera noche de mi vida, , de Miguel Albaladejo. 1999: Plenilunio, de Imanol Uribe. 2000: Ataque verbal, , de Miguel Albaladejo. 2000: El otro barrio, de Salvador García Ruiz. 2000: El cielo abierto, de Miguel Albaladejo. 2008: Una palabra tuya 2010: Lo que me queda por vivir. 2014: La vida inesperada.
Ensaios 2000: Ser compañera, en: Ser mujer de Laura Freixas (ed.) . 2001: Tinto de verano. 2002: Tinto de verano 2 : el mundo es un pañuelo ; de Madrid a Nueva York. 2003: Otro verano contigo: Tinto de verano 3.
Actriz ocasional 1998: Mensaka, de Salvador García Ruiz. 1998: La primera noche de mi vida, de Miguel Albaladejo. 1999: Manolito Gafotas, de Miguel Albaladejo. 1999: Plenilunio, de Imanol Uribe. 1999: Ataque verbal, de Miguel Albaladejo. 2000: El cielo abierto, de Miguel Albaladejo. 2000: Año Mariano, de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo. 2001: Sin vergüenza, de Joaquín Oristrell. 2003: Planta 4ª, de Antonio Mercero. 2003: Siete Vidas2004: Cachorro, de Miguel Albaladejo.
Premios Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1998 por Los trapos sucios. Premio Biblioteca Breve da editorial Seix Barral en 2005 pola obra Una palabra tuya. Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos 1999: Mellor Guión Orixinal por La primera noche de mi vida (compartido con Miguel Albaladejo). 2000: Nomeada a Mellor Guión Orixinal por Manolito Gafotas (compartido con Miguel Albaladejo). 2002: Nomeada a Mellor Guión Orixinal por El cielo abierto (compartido con Miguel Albaladejo). Premios Goya. 2000: Nomeada a Mellor Guión Adaptado por Manolito Gafotas (compartido con Miguel Albaladejo). Festival Internacional de Cinema de Comedia de Peñíscola 1999: Mellor Guión por La primera noche de mi vida'' (compartido con Miguel Albaladejo).
Véxase tamén Ligazóns externas Manolito Gafotas en Alfaguara Elvira Lindo en IMDb Elvira Lindo en Escritoras.com ELvira Lindo en Alfaguara
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Andalucía Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España