Chorente é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres). Patrimonio O cruceiro de Brañas ten plataforma e pedestal cuadrangular, rematado en roda con bocel e con paramentos recadrados. O seu fuste é cuadrangular con paramentos recadrados na base. O capitel cuadrangular co ábaco de lados curvos e vértices chafranados, decorado con follas e con cabeza de anxo con ás. A cruz basta cuadrangular. O seu Cristo crucificado, mans abertas e coroa de espiñas. A Virxe atópase orando sobre nubes con dedos das mans entrelazados.

No verán do ano 2006 o cruceiro quedou desfeito por mor dun accidente de tráfico, mais restaurouse no verán de 2007.

Lugares e parroquias Lugares de Taragoña

Parroquias de Rianxo

Véxase tamén Bibliografía PXOM de Rianxo 2014.

Categoría:Lugares de Rianxo Categoría:Rianxo sen imaxes