Mickey's Once Upon a Christmas é un filme estadounidense de 1999 producido por Walt Disney Television Animation. É un filme de animación tradición e de temática de Nadal que inclúe tres segmentos: Donald Duck: Stuck on Christmas (protagonizado polo Pato Donald, Huey, Dewey e Louie, Daisy e Scrooge McDuck), A Very Goofy Christmas (protagonizado por Goofy, Max e Pete) e Mickey and Minnie's Gift of the Magi (protagonizado por Mickey Mouse, Minnie Mouse, Pluto, Pete, Daisy e Mortimer Mouse). Outros personaxes de Disney tamén fan cameos no filme.
A súa secuela, titulada Mickey's Twice Upon a Christmas, estreouse en 2004. Ao contrario que Once Upon a Christmas, a secuela é un filme xerado por ordenador no canto dun debuxado a man, e está composto por cinco segmentos.
Logo da estrea de Mickey's Once Upon a Christmas, o filme recibiu valoracións dispares da crítica. Porén, foi redescuberto polo público, e a celebración anual do Nadal axudou a facer da película un filme de culto.
Notas
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Bradley Raymond Categoría:Filmes dirixidos por Jun Falkenstein