Manuel Ferreirós Batallán, finado en Pontevedra o 7 de abril de 1912, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado en Poio. Membro do Partido Liberal, foi concelleiro de Pontevedra. En 1911 gañou as eleccións a deputado provincial por Pontevedra fronte a Celestino López de Castro.La Correspondencia Gallega, 13-3-1911, p. 2. Finou en Pontevedra o 7 de abril de 1912.Necrolóxica en El Diario de Pontevedra, 8-4-1912, p. 3.

Vida persoal

Casou con Lucía Oca Vila, e foi pai de María, Manuel, Lucía, Antonio e María del Carmen Ferreirós Oca. Foi avó de Carlos e Manuel Ferreirós Espinosa. Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en ano descoñecido