A Laxe é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 88 habitantes (46 homes e 42 mulleres).

Patrimonio Neste lugar atópase un cruceiro de capela integrado nun muro, coñecido como cruceiro da Laxe. A capela é lisa, de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas, teito abovedado e anxo con ás na base. No interior, atópase unha Virxe pregando. Sobre a capela, existe unha Cruz de sección cuadrangular con brazos chafranados. O Cristo Crucificado ten as mans abertas, nimbo crucífero, pano de pureza sen nós e cartela de INRI.

Lugares e parroquias Lugares de Taragoña

Parroquias de Rianxo

Notas

Categoría:Lugares de Rianxo