Medulia Editorial é unha empresa editorial galega con sede na rúa Menéndez Pidal da Coruña.

Características Fundárona en 2015 os escritores Diana Varela e Xulio López Valcárcel. Na súa páxina web defínese como unha «editorial galega, privada e independente que ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación.» Certames

Desde 2019 a editorial convoca anualmente o Premio de Poesía Eduardo Pondal, que gañaron as seguintes persoas:

2019: María do Carme Caramés Gorgal, coa obra Da casa, do mar e das ausencias.

2020: Manuel López Rodríguez, coa obra Vangarda ule. 2021: Javier Rodríguez González, coa obra Unha casaca escarlata. 2022: Andrea Fernández Maneiro, coa obra Voto de silencio. 2023: Xosé de Cea coa obra Dende a miña barricada de sofás e canapés. 2024: Manuel Vázquez coa obra Maldita eternidade. 2025: Clara Martín coa obra Asfixia.

Notas

Categoría:Editoriais de Galicia

Categoría:A Coruña