Carlos Julio Roberto Guitián Rodríguez, nado en Ourense o 29 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 2024, foi un médico e intelectual galego.
Traxectoria Estudou Medicina e especializouse en cirurxía no hospital de Sant Pau. Médico urólogo no Hospital de Ourense dende 1960. Foi un dos primeiros urólogos en utilizar a técnica da resección transuretral endoscópica con intervención mínima. En 1969 fixo un documental explicativo da técnica que foi premiado na Semana Internacional del Cine Médico de Motril en 1982.Rinden homenaje al urólogo Carlos Guitián, el sábado en el Liceo Foi galegiuista e un dos impulsores do Día da Patria Galega. O 25 de xullo de 1969 foi golpeado e detido pola policía en San Domingos de Bonaval na saída da misa de Rosalía de Castro. Fundador da Asociación Cultural Auriense, da que foi vicepresidente entre 1967 e 1973, encabezou a candidatura do Partido Socialista Galego en Ourense nas eleccións municipais de 1983 e despois foi candidato polo BNG. Pertenceu á Irmandade da Sanidade Galega.«Elixín ideais que teñen pouco éxito, pero non me arrepinto en absoluto»
Recoñecementos
O 29 de abril de 2017 recibiu unha homenaxe no Liceo de Ourense.Del Dr Guitián al Dr. Romano: urología en Ourense y Galicia
Vida persoal
Casou con María Asunción Montero Pérez-Feijoo e foi pai de Carlos, Maruxa, Ana, Anxela Óscar e Iria Guitián Montero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Carlos Guitián e as lembranzas Don Carlos Guitián, o médico que facía as receitas en galego
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2024