María del Carmen Alonso Pérez, nada en Pontevedra o 2 de xuño de 1905,Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933, p. 58. foi unha mestra galega.
Traxectoria Foi nomeada mestra interina de Millerada (Forcarei) en 1927.El Pueblo Gallego, 30-7-1927, p. 2. Pediu a excedencia. Reintegrouse ao maxisterio como mestra de Mourente dende 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida polo gobernador civil.El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2. Logo da suspensión inicial, o reitorado sancionouna cun mes de suspensión e volveu ocupar o seu posto. Sufriu un caso de extorsión disfrazada de doazón, pois tivo que "doar" 500 pesetas para evitar o rapado do pelo.A liberdade tiña un prezo. O 27 de abril de 1937 a Comisión Depuradora do Maxisterio de Pontevedra acordou sancionala coa separación definitiva do ensino baixo a acusación de anticatólica, simpatizante da Fronte Popular, aconsellar e premiar ás nenas para que non fosen á igrexa e de adornar a escola o primeiro de maio con motivo da “fiesta del marxismo”. Presentou escritos de alegacións conseguindo que se revisase a sanción transformándoa en traslado dentro da provincia, perda de haberes no tempo da suspensión e inhabilitación para cargos directivos e de confianza en institucións culturais e do ensino. Volveu solicitar a revisión do seu expediente de depuración e o 23 de xaneiro de 1941 resolveuse coa confirmación no seu posto.
Vida persoal Casou con Primo Arjona Cao en decembro de 1929,El Progreso, 17-12-1929, p. 2. e foi nai de Berta Arjona Alonso.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Álvarez Castro, Xosé (8/4/2015). María Alonso Perez, mestra de Mourente Pontevedra nos anos do medo. Outros artigos Depuración franquista do maxisterio
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en ano descoñecido