Costasiella kuroshimae é unha especie de lesma mariña sacoglossa. Costasiella kuroshimae son moluscos gasterópodos opistobranquios mariños sen cuncha da familia Costasiellidae. O seu tamaño varía de 5 milímetros a 1 centímetro de lonxitude.
Descrición Foron descubertos en 1993 nas costas da illa xaponesa de Kuroshima, e atopáronse Costasiella kuroshimae en augas próximas ao Xapón, Filipinas e Indonesia. Viven en climas tropicais. Teñen dous ollos escuros e dous rinóforos que emerxen da parte superior das súas cabezas que non son moi diferentes ás orellas de ovella ou ás antenas dun insecto, de aí o nome común de "ovella de folla".
Os Costasiella kuroshimae son quen de realizar un proceso fisiolóxico chamado cleptoplastia, no que conservan os cloroplastos das algas das que se alimentan. A absorción dos cloroplastos das algas permítelles realizar indirectamente a fotosíntese.
A especie tipo é a de Kuroshima, nas Illas Ryukyu.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Galería de imaxes da especie Sealife Collection Photos
Categoría:Gasterópodos Categoría:Animais descritos en 1993