Soiuz MS-07 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 17 de decembro de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-07, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anton Shkaplerov, Scott D. Tingle e Norishige Kanai a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación dous días despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 54, Alexander Misurkin, Mark T. Vande Hei e Joseph Acaba. Despois da marcha da Soiuz MS-06 os integrantes da MS-07 pasar a ser formalmente a Expedición 55. Despois de cinco meses e medio de misión, a Soiuz MS-07 desacoplouse do módulo Rassvet o 3 de xuño de 2018, tocando terra case tres horas e media máis tarde, a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz