O escudo de Cangas de Morrazo ten unha antigüidade comprobada de cando menos 200 anos, mais en realidade é moito máis antigo, xa que data (con leves variacións) da Idade Media, cando as terras de Cangas de Morrazo pasan a depender directamente dos arcebispos de Santiago de Compostela e constrúese o castelo arcebispal de Darbo.Vázquez Marinelli, C. et alii: Historia de Cangas. Deputación Provincial de Pontevedra: 2007
Foron, polo tanto, os arcebispos composteláns os que lles deron estas armas a Cangas de Morrazo. Por iso no escudo predominan os elementos xacobeos (dende o bastón de peregrino, á tumba do Apóstolo ou a cruz de Santiago e as vieiras -nótese ademais que o propio santo patrón de Cangas de Morrazo é o Apóstolo Santiago, e a el está consagrada a antiga colexiata da vila). Soamente o sol heráldico (que forma parte tamén da bandeira) é un elemento “autóctono”, un antigo símbolo da vila.
Dende hai uns anos, dada a complexidade do escudo e especialmente a dificultade de reprodución dos lambrequíns, adoptouse unha forma simplificada do mesmo, hoxe amplamente empregado na rotulación e para fins turísticos, aínda que carece de oficialidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Cangas de Morrazo
Categoría:Escudos da provincia de Pontevedra Categoría:Cangas de Morrazo