Uļjana Larionovna Semjonova (en ), nada en Zarasai (RSS de Lituania, Unión Soviética) o 9 de marzo de 1952 e finada en Riga o 8 de xaneiro de 2026, foi unha xogadora de baloncesto soviética.
Con 2,13 metros de estatura, está considerada a xogadora máis dominadora do baloncesto mundial nas décadas de 1970 e 1980. Desenvolveu case toda a súa carreira no TTT Riga, co que gañou 15 ligas soviéticas e 11 Copas de Europa. Piar fundamental da selección soviética durante case 20 anos, só perdeu un partido como internacional, o da súa despedida en 1986. Gañou coa selección dúas medallas de ouro olímpicas, tres Campionatos do Mundo e 11 Campionatos de Europa.
Traxectoria Aos 13 anos medía xa 1,93 metros, o que chamou a atención dos técnicos do TTT Riga, o mellor club de baloncesto da Unión Soviética por aquel entón. Aos 15 anos debutou co primeiro equipo e na súa primeira campaña gañou a súa primeira liga soviética. Con Semjonova liderando o equipo, o TTT Riga fíxose case invencible, e durante as seguintes dúas décadas conquistou 15 ligas e 11 Copas de Europa. En 1987 gañou o seu último título co Riga, a Copa Ronchetti.
En decembro de 1987 fichou polo Tintoretto de Xetafe, club que viña de ascender á Primeira División de España. O equipo ocupaba postos de descenso naquel momento, pero todo mudou coa chegada de Semjonova, que debutou con 22 puntos e 31 rebotes na vitoria por 92-47 sobre o Canoe. A súa presenza disparou a fama do club en todo o país, e a pesar dos seus problemas físicos, conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso, metelo nos play-offs polo título e acadar a final contra o Caixa Tarragona. A continuación xogou unha última tempada no Valenciennes-Orchies, onde puxo fin á súa carreira.
Selección soviética Debutou coa selección soviética aos 16 anos e liderou o equipo durante os seguintes 18 anos, gañando tres Campionatos do Mundo e 11 Campionatos de Europa, así como dúas medallas de ouro olímpicas, nos Xogos de 1976 e 1980. Competiu por última vez coa selección en 1986, nos Goodwill Games en Moscova, onde perdeu a final contra os Estados Unidos. Foi a súa primeira e única derrota coa Unión Soviética.
Recoñecementos Foi galardoada coa Bandeira Vermella do Traballo en 1976, e en 1993 converteuse na primeira muller non estadounidense consagrada no Salón da Fama do Baloncesto. Foi membro inaugural do Salón da Fama do Baloncesto Feminino na promoción de 1999. En 2007, foi inscrita no Salón da Fama da FIBA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos da xogadora no sitio web da FIBA . Datos da xogadora como internacional sitio web da FIBA . Datos da xogadora en Basketball-Reference.com .
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados no condado de Utena Categoría:Xogadores de baloncesto da Unión Soviética Categoría:Xogadores de baloncesto de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da Unión Soviética Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA