A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.
A cidade de Zaragoza é ao mesmo tempo capital da provincia homónima e da Comunidade Autónoma de Aragón.
En 2005 a poboación era de 912.072 habitantes e a densidade de poboación de 52,96 habitantes/km².
Demografía
Principais concellos por poboación Nome Poboación (2006) Comarca Zaragoza 649.181 Zaragoza Calatayud 20.001 Comunidade de Calatayud Ejea de los Caballeros 16.785 Cinco Villas Utebo 14.920 Zaragoza Tarazona 11.027 Tarazona e o Moncayo Caspe 8.486 Bajo Aragón-Caspe Tauste 7.503 Cinco Villas La Almunia de Doña Godina 7.023 Valdejalón Zuera 6.424 Zaragoza Alagón 6.293 Ribera Alta del Ebro
Véxase tamén
Outros artigos Lista de concellos de Zaragoza Comarcas de Aragón