Suna no utsuwa (en xaponés: 砂の器; "O castelo de area") é unha película xaponesa do xénero detectivesco dirixida por Yoshitarō Nomura. Baséase na popular novela homónima de Seichō Matsumoto.
Trama O filme narra a historia de dous detectives, Imanishi (Testuro Tamba) e Yoshimura (Kensaku Morita), encargados de atopar o asasino dun ancián descuberto nunha explanada de manobras ferroviarias. Ao non poder identificar a vítima, a investigación céntrase na única pista dispoñible: un fragmento dunha conversa entre o ancián e un mozo mantida nun bar. Unha testemuña lembraba as crípticas frases "Fíxoo Kameda" e "Kameda non cambia".
As súas pescudas abarcarán diferentes lugares e momentos, así como as mudanzas nos costumes sociais. A narración conclúe de xeito emotivo e conmovedor, xa que o móbil do crime deixou de existir.
Personaxes Tetsurō Tamba como detective Eitaro Imanishi Gō Katō como Eiryo Waga Kensaku Morita como detective Hiroshi Yoshimura Yōko Shimada como Rieko Takagi Karin Yamaguchi como Sachiko Tadokoro Ken Ogata como Kenichi Miki Seiji Matsuyama como Shokichi Miki Yoshi Katō como Chiyokichi Motoura Chishū Ryū como Kojuro Kirihara Shin Saburi como Shigeyoshi Tadokoro Taketoshi Naitō como xefe da sección de investigación Yoshio Inaba como secretario xefe Kinzō Shin como profesor Kumawara
Premios Premio Kinema Junpo (1975) Mellor guión (Shinobu Hashimoto e Yōji Yamada) Readers' Choice Award Mellor director de cine xaponés (Yoshitarō Nomura) Concurso de cinema Mainichi (1975) Mellor director (Yoshitarō Nomura) Mellor filme (Yoshitarō Nomura) Mellor banda sonora (Kosuke Sugano) Mellor guión (Shinobu Hashimoto e Yōji Yamada) 9.º Festival Internacional de Cine de Moscova Diploma (Yoshitarō Nomura) Nomeamento para o Premio de Ouro (Yoshitarō Nomura).
Notas
Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Yoshitarō Nomura Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes ambientados en 1971