As protestas agrícolas en España de 2024 foron unha serie de manifestacións e protestas no marco da revolta agrícola europea levada a cabo desde o 6 de febreiro do mesmo ano. Estiveron apoiadas por asociacións e organizacións de apoio agrícola como ASAJA, COAG e UPA (que se desmarcaron das protestas en Ferraz e o intento de bloquear Madrid) co obxectivo de animar os agricultores e gandeiros españois para manifestarse en contra de políticas agrícolas restritivas europeas postas en práctica pola Unión Europea ou polo mesmo goberno de España, entre as máis coñecidas, o PAC e o Pacto Verde Europeo, as cales tamén desencadearon unha gran serie de revoltas noutros países como Francia, Alemaña ou Polonia, entre outros.

Estas políticas expoñen a implantación de medidas que benefician a un novo sistema de agricultura sostible, baseada primordialmente en reformas que prohiben o uso de certos produtos agrícolas como pesticidas, fertilizantes e demais. Tamén a firma de pactos con competencias comerciais como Marrocos​ e o Mercosur e o beneficio a explotacións agrícolas, todas estas medidas con tal de retirar prestixio ao cultivo tradicional e así incentivar á importación de recursos primarios desde outras entidades e á produción en masa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Protestas agrícolas en Alemaña (2023-2024) Revolta agrícola europea

Categoría:2024 Categoría:Historia de España