Gregorio Sellán y González, nado en Madrid en 1829 e finado despois de 1893, foi un deseñador e gravador de moedas e medallas que ocupou o cargo de gravador xeral de moeda da Casa da Moeda de Madrid entre 1874 e 1893.
O seu irmán máis novo foi o tamén gravador Juan Sellán y González, que traballou na Real Casa da Moeda de Madrid e na Casa da Moeda de Manila."Sellán y González, Gregorio". Museo del Prado (Museodelprado.es).
Traxectoria
Formación
Antes da súa carreira como gravador, Sellán cursara un primeiro curso de Matemáticas, Física e Química, e tamén recibira formación en debuxo da figura durante seis anos con Vicente Gimeno, da Real Academia de San Fernando, e posteriormente outros tres cursos de modelaxe e gravado, co gravador xeral Remigio Vega.
miniatura|10 céntimos de Afonso XII (1879)."10 Centimos - Alfonso XII". Numista.com|250x250px
En 1852, á idade de 23 anos, aprobou o exame de acceso para acceder como alumno no Departamento de Gravado da Casa da Moeda de Madrid, e esta etapa formativa estendeuse ao longo do resto da década de 1850.
Carreira profesional miniatura|5 pesetas de Afonso XII (1875)."5 Pesetas - Alfonso XII 1st portrait". Numista.com|250x250px
O exercicio profesional de Gregorio Sellán na Real Casa da Moeda comezou en xullo de 1862, co emprego de tallador primeiro e o rango de xefe de negociado de terceira clase da Facenda Pública, polo que se lle asignou un soldo de 16.000 reais anuais. Ocupou este posto por un período de doce anos, durante os que en ocasións tivo que suplir o gravador xeral nas súas funcións. Por un real decreto do 10 de maio de 1867 concedéuselle o rango de xefe de administración.
miniatura|25 pesetas de Afonso XII (1881)."25 Pesetas - Alfonso XII 3rd portrait". Numista.com|250x250px
En 1874 Sellán foi nomeado como o novo gravador xeral da Casa da Moeda de Madrid, mediante unha orde da República datada o 12 de agosto. Substituía neste posto a Luis Marchionni y Hombrón, logo da xubilación deste por motivos de saúde."Marchionni y Hombrón, Luis". Museo del Prado (Museodelprado.es). Con este cargo, Sellán acadou a categoría de xefe de negociado de segunda, cun soldo anual de 20.000 reais.
Gregorio Sellán exerceu o cargo de gravador xeral durante dezasete anos. O seu cesamento veu dado pola real orde do 31 de agosto de 1893, e estivo motivado pola fusión de dúas institucións que ata daquela estiveran separadas, a Fábrica do Selo e a Casa de Moeda. Como novo gravador xeral da nova institución foi nomeado Bartolomé Maura y Montaner.Forrer, L. (1912). Páxina 470.
Obras Dada a súa longa etapa como gravador xeral, a súa obra é moi ampla, tanto en medallas como en moedas. Participou na Exposición Universal de París de 1878 con tres modelos en cera, un de Isabel II, outro de Amadeu I e outro unha alegoría da Industria e as artes. Tamén foi recoñecido con diversos galardóns, entre eles o de gravador honorario do almirantado, como premio pola súa medalla sobre o Combate de Callao de 1866."Guerra de Chile. Combate del Callao de 1866". Museo del Prado (Museodelprado.es).
Outras das súas medallas máis coñecidas son a creada con motivo da visita de Afonso XII á Casa da Moeda de Madrid o 28 de xuño de 1875,"Visita del rey Alfonso XII a la Casa de la Moneda de Madrid". Museo del Prado (Museodelprado.es). e as conmemorativas dos dous casamentos de Afonso XIII, con María de las Mercedes de Orleáns (1878)"Matrimonio de Alfonso XII y María de las Mercedes (1878)". Museo del Prado (Museodelprado.es). e con María Cristina de Habsburgo-Lorena (1879)."Matrimonio de Alfonso XII y María Cristina (1879)". Museo del Prado (Museodelprado.es). As medallas de Gregorio Sellán incorporan, a modo de sinatura, as sigla do seu nome e o seu primeiro apelido completo: G. SELLAN.
A Sellán débeselle tamén o gravado de toda a serie de moedas emitidas pola Real Casa da Moeda a nome de Afonso XII, tanto para a España peninsular —en pesetas— como para as illas Filipinas —en pesos—, así como as correspondentes a Afonso XIII cuñadas entre 1887 e 1894."Gregorio Sellán". Numista.com De xeito diferente ás medallas, nas moedas Sellán gravou as súas siglas G. S., ou ben debaixo do busto do rei ou ben no propio truncamento do pescozo, no anverso.
Descoñécese a data de falecemento de Gregorio Sellán, que, en todo caso, ten que ser posterior a 1893.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cano Cuesta, M. (2005). Catálogo de Medallas Españolas. Museo Nacional del Prado, Madrid. Páxina 279. Forrer, L. (1912). "Sellan, G.". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Vol. 5. Páxinas 469-470.
Outros artigos Fábrica Nacional de Moneda y Timbre Lista das moedas de peseta de España
Categoría:Nados en 1829 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Deseñadores de moeda de España Categoría:Gravadores de España Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes