é unha poética chinesa do século V, escrita por Liu Xie.
Estrutura O libro está composto por cincuenta capítulos ou pian 篇, seguindo os principios da numeroloxía e adiviñación establecidos no Yijing 易經 ou Libro dos cambios.
A obra baséase no Wenfu 文賦 ("Fu sobre a literatura", século III) de Lu Ji, ao que tamén critica. O obxectivo do Wenxin diaolong é ofrecer unha concepción completa e consistente do concepto de wen 文 ("escrita, literatura"). Así, intenta establecer a orixe da literatura, as leis da composición poética ou a estrutura dos xéneros literarios.
Traducións En castelán El corazón de la literatura y el cincelado de dragones. Tradución directa de Alicia Relinque Eleta. Editorial Comares.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Owen, S. (1992): Readings in Chinese literary thought. Harvard University Asia Center. Richter, A. (2007): "Notions of Epistolarity in Liu Xie's Wenxin dialong." Journal of the American Oriental Society 127(2), 143-160. Zhao, H. (1990): "Wen Xin Diao Long": An early Chinese rhetoric of written discourse. Purdue University [Tese de doutoramento] Zong-qi, C. (ed.) (2001): A Chinese Literary Mind: Culture, Creativity and Rhetoric in Wenxin Diaolong.
Ligazóns externas Wenxin diaolong 文心雕龙 (Proxecto Gutenberg) Wenxin diaolong 文心雕龙 (Chinese Text Project) The Literary Mind and the Carving of Dragons (Chinese Notes)
Categoría:Literatura en lingua chinesa