, nome de cortesía Zizhen 子真 ou Yishang 贻上, nado no 1634 e finado no 1711, foi un poeta e erudito chinés da dinastía Qing.
Traxectoria Wang Shizhen naceu na provincia de Shandong. Tivo unha próspera carreira como funcionario imperial, chegando a ser presidente do Ministerio de Censura no 1698, e da Xunta de Castigos no 1699. Publicou a súa primeira colección de poesía aos 14 anos, e cara ao 1661 xa tiña unha enorme reputación literaria.
Obra Durante a súa vida, escribiu unhas vinte escolmas de poesía, e editou múltiples antoloxías. Elaborou a súa propia poética, centrada arredor da noción de shenyun 神韵 ("graza, elegancia"), que combina a realidade obxectiva coa subxectividade da interioridade do creador. A súa teoría da literatura estivo moi influenciada polas Ershisi shipin 二十四诗品 ("As vinte e catro categorías da poesía"), de Sikong Tu 司空图, unha das principais poéticas chinesas.
A súa obra foi frecuentemente comparada coa de Zhu Yizun (1629-1709), até o punto de que ambos eran coñecidos coma nan Zhu bei Wang 南朱北王 ("Zhu do norte e Wang do sur"), en referencia ás súas rexións de orixe.
Publicacións Yu yang shiji 渔洋诗集 Yu yang wen lüe 渔洋文略 Chi bei ou tan 池北偶谈 Can wei ji 蚕尾集 Xiang zu biji 香祖笔记 Ju yi lu 居易录 Yuyang shihua 渔阳诗话 Gan jiu ji 感旧集
Notas
Véxase tamén Outros artigos Literatura da dinastía Qing
Ligazóns externas Wang Shizhen (Baidu)
Categoría:Nados en 1634 Categoría:Finados en 1711 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Literatura da dinastía Qing