Uc Faidit (tamén coñecido coma Hug Faidit ou Hugues Faidit), nado no século XII e finado no século XIII, foi un escritor e lingüista da Occitania, autor do primeiro tratado de gramática da antiga lingua occitana. Podería tratarse da mesma persoa que Uc de Saint-Circ, xa que faidit significa "desposuído", polo que quizais sexa un sobrenome.

Obra Uc Faidit foi autor do Donatz proensals (1243), que escribiu tanto en latín coma en occitano mentres vivía no norte de Italia. O título da obra está inspirado en Donatus, un gramático italiano do século IV. Tamén inclúe un dicionario de rimas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Donatz proensals (Internet Archive)

Categoría:Poetas de Francia Categoría:Nados no século XII Categoría:Finados en 1243 Categoría:Escritores en lingua occitana Categoría:Trobadores