Konami Corporation (コナミ株式会社) é unha empresa xaponesa dedicada principalmente á realización de videoxogos para diversos sistemas desde ordenadores e videoconsolas ata máquinas recreativas.
Comezos No ano 1969, Kagemasa Kōzuki abriu unha tenda de venda e reparación de tocadiscos en Kozushima, Toyonaka, Osaca, Xapón. Impulsado por Sega, Atari e Midway Games en 1973 comezou cun grande equipo de programadores, grafistas e expertos financeiros, fundando Konami Industries Co.
A compañía comezou a dar os seus primeiros pasos da man doutras empresas como Sony (coas computadoras MSX) ou Atari (coa consola Atari 2600).
Estrutura da compañía Konami Corporation Konami Computer Entertainment Tokyo, Inc. Konami Computer Entertainment Japan, Inc. Konami Computer Entertainment Studios, Inc. Konami Online, Inc. Konami Media Entertainment, Inc. Konami Traumer, Inc Konami Sports Life Corporation Konami Sports Corporation Konami Corporation of America — Holding company U.S. Konami Digital Entertainment, Inc. anteriormente Konami of America Inc. Konami Corporation of Europe B.V. — anteriormente Konami Limited Konami of Europe GmbH Konami Software Shanghai, Inc.
Xogos desenvolvidos Castlevania (serie) Circus Charlie Green Beret Hyper Sports Metal Gear Pro Evolution Soccer 2009 Pro Evolution Soccer 2011