Ernst Gabor Straus, nado en Múnic o 25 de febreiro de 1922 e finado nos Ánxeles o 12 de xullo de 1983, foi un matemático alemán - estadounidense.

Traxectoria

Publicou as súas obras en coautoría con Albert Einstein e Paul Erdős, así como con Richard Bellman, Béla Bollobás, Sarvadaman Chowla, Ronald Graham, László Lovász, Carl Pomerance e Olga Taussky- Todd . É debido á súa colaboración con Strauss que Einstein ten o número 2 de Erdős.

Xunta ao Paul Erdős ten a famosa conxectura de Erdős-Straus que indica que toda fracción 4/n pode ser escrita con 3 fraccións unitarias ou menos.

Era o máis novo de cinco fillos do avogado Elias Straus e da doutora e feminista Rahel Straus. Despois da morte prematura do seu pai, a familia fuxiu de Alemaña en 1933, dirixíndose a Palestina, estudando na Universidade Hebrea de Xerusalén. Doutorouse na Universidade de Columbia en Nova York en 1950, baixo a supervisión de Francis Joseph Murray e Albert Einstein. Dous anos máis tarde foi o asistente de Einstein no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton, e despois foi profesor na Universidade de California dos Ánxeles.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

David Cantor, Basil Gordon, Alfred Hales, Murray Schacher (1985). Biography - Ernst G. Straus 1922–1983. En: Pacific Journal of Mathematics 118 (2): i–xx (Sonderausgabe im Gedenken an Ernst G. Straus) .

Ligazóns externas

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Matemáticos de Alemaña Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Múnic Categoría:Personalidades sen imaxes