Kosmos 496 ou Cosmos 496 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 26 de xuño de 1972 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 496 foi unha Soiuz modelo 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas despois da traxedia da Soiuz 11, na que faleceron tres cosmonautas. A investigación do accidente deu como resultado a proposta dunha serie de melloras implementadas na Kosmos 496, como a redución de masa eliminando os paneis solares debido á imposición de que os cosmonautas en adiante usaran traxes de presión durante a engalaxe e a aterraxe para evitar repetirse o accidente da Soiz 11. A necesidade do uso dos traxes ademais reduciría a tripulación de tres a dous nas naves Soiuz por cuestións de espazo e masa. Como resultado, a Soiuz 7K-T, deseñada para acoplarse a estacións espaciais e pasando polo tanto un tempo limitado no espazo sendo autónoma, funcionaría so con baterías. A misión da Kosmos 496 ademais duraría seis días en lugar dos tres normais con tripulación. A nave regresou a terra o 1 de xullo de 1972 tras cumprir os seus obxectivos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511

Categoría:Programa Soiuz