José Luis Sanatamarina Ferro, nado en Verín en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Empregado de banca, en 2002 comezou a traballar nunha sucursal da Mezquita«Volcaré parte de mi trabajo en relanzar los productos estrella, la castaña y la carne». Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Mezquita e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura socialista e perdeu a alcaldía tras pasar a se-la terceira forza política, 2 votos por detrás do BNG. Desta forma, apoiou o candidato nacionalista Rafael Pérez Vázquez na investidura, o cal saíu elixido alcalde ó contar cos votos dos socialistas e do único concelleiro do PPdeG, impedindo que o independente Francisco Montesinos lograse a alcaldía, pasando a gobernar as tres forzas en coalición. En agosto dese mesmo ano presentou a súa renuncia como concelleiro, tras xubilarse e volver residir en Verín.Dimite el portavoz del PSOE en el tripartito de A Mezquita

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Mezquita

Categoría:Alcaldes da Mezquita Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1951