Soiuz 34 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 6 de xuño de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que volveu tripulada a terra.

Características Soiuz 34 foi unha Soiuz 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para auxiliar aos membros da Soiuz 32, acoplada nese momento á estación Saliut 6. A estación debía ter recibido a visita da Soiuz 33, pero un problema co seu motor abortou o acoplamento e a nave tivo que facer un regreso de emerxencia. Preocupados porque o mesmo tipo de fallo puidera afectar á Soiuz 32 impedindo o seu regreso unha vez desacoplada da estación, o control de terra decidiu enviar a Soiuz 34, cun motor revisado e funcional, para que os cosmonautas da Saliut 6 regresaran nela. Finalmente a nave regresou o 19 de agosto de 1979 cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Valeri Riumin a bordo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz U Soiuz 32

Categoría:Programa Soiuz