miniatura|300px|Sinal en francés nun monumento en Bamaco. Malí é un país multilingüe con 21,9 millóns de persoas. As linguas faladas alí reflicten un padrón de asentamento antigo, migracións, e a súa longa historia. Ethnologue cataloga máis que 80 linguas. Entre elas, o bambara, o bobo, o bozo, o dogon, o fula, o árabe hassaniya, o kassonke, o maninke, o minyanka, o senufo, as linguas songhay, o soninke e o tamasheq son linguas oficiais. O francés é a lingua de traballo.

O francés, que se introduciu durante o período colonial, mantívose como lingua oficial dende a independencia do país ata 2023. Como lingua de traballlo, úsase no goberno e na educación formal. As estimacións do número de malianos que falan realmente francés son baixas, e case todos falan francés como segunda lingua. As estimacións de 1993 indican que só había uns 9.000 malianos que falaban francés como primeira lingua.ethnologue.com, cites: Johnstone (1993)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue listing for Mali PanAfrican L10n page on Mali Linguistic situation in Mali