O cabo de São Roque é un cabo situado no municipio de Maxaranguape, a 51 km ao norte de Natal, capital do estado brasileiro de Río Grande do Norte. É o punto da costa brasileira máis próximo ao continente africano.
Historia Neste lugar comezou a primeira exploración portuguesa da costa brasileira, ao cargo de André Gonçalves e Amerigo Vespucci. A expedición estivo formada por tres barcos que chegaron ás costas do país o 7 de agosto de 1501, fondeando os barcos a 5° 3' 41" de latitude sur, fronte ao lugar hoxe chamado Arraial do Marco, situado no vértice da costa do estado de Río Grande do Norte, a unhas 45 millas de distancia do cabo de São Roque, como se describe nos seus escritos.
Características A natureza da comarca presenta unha beleza pintoresca, xa que, ademais dos 6 km de dunas que hai na costa, outra vista que chama a atención son os cantís, xusto enriba do cabo, dende onde se divisa un xigantesco bosque de cocos e palmeiras.
Notas
São Roque Categoría:Estado do Río Grande do Norte