Rodrigo Maseda Lozano, nado en Burela cara a 1976Tiña 35 anos cando faleceu. e finado na Coruña o 30 de xaneiro de 2012, foi un policía galego. Faleceu mentres tentaba rescatar unha persoa na praia do Orzán, e recibiu a título póstumo a Medalla de Ouro de Galicia.

Traxectoria Na noite do 30 de xaneiro Maseda Lozano e mais outros dous compañeiros, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, lanzáronse ás augas do Orzán na tentativa de salvar a vida dun estudante eslovaco, Tomas Veliki. Porén, a forte corrente e as adversas condicións meteorolóxicas superaron os seus esforzos, resultando na súa morte. O seu corpo apareceu tres días despois na praia do Matadoiro.

Recoñecementos En honra á súa memoria e na dos outros compañeiros, celébrase anualmente o Memorial Heroes do Orzán - Rodrigo Maseda Lozano, un evento que reúne a mozos deportistas promovendo valores como o xogo limpo e a solidariedade entre os participantes. O torneo, organizado pola Fundación Indecum co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación, conta cunha ampla participación e causa un positivo impacto social e económico positivo na comarca. Medalla de Galicia 2012.

Notas

Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados en Burela Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes