Enrique Barreiro Sánchez, nado en Friol en 1989, é un empresario e político do PPdeG. Traxectoria
É licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa na explotación da familia en Ramelle. Tamén posúe unha explotación en Serén.
Nas eleccións municipais de 2019, entrou como concelleiro e tenente de alcalde na corporación de Friol e volveu saír elixido nas municipais de 2023. Nas autonómicas de 2024, ía no oitavo posto na lista lucense do PP e foi o último elixido por esta provincia.
Forma parte de Novas Xeracións dende marzo de 2021.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Friol Categoría:Nados en 1989 Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros de Friol Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes