José Antonio Villamor Vázquez, nado no Reino Unido en 1978 e finado na Coruña o 27 de xaneiro de 2012, foi un policía galego, membro do Corpo Nacional de Policía

Traxectoria De familia orixinaria de Friol. Villamor foi un dos tres axentes que perderon a vida tentando salvar un mozo eslovaco nas augas da praia do Orzán. A placa de Villamor foi devolta polo mar aos oito anos da traxedia.

Recoñecementos A súa valentía e sacrificio foron recoñecidos coa concesión da Medalla de Galicia e pola cidade da Coruña, que os nomeou a el e aos seus compañeiros, Rodrigo Maseda e Javier López, fillos adoptivos da cidade a título póstumo.

Homenaxes Monumento na praia de Orzán-Riazor en homenaxe aos tres axentes. Conmemoración anual do acto heroico con actos, entre eles o memorial deportivo Heroes do Orzán.

Notas

Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados no Reino Unido Categoría:Nados en 1978 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Policías de Galicia