Giuseppe Ferraris, nado en Turín en 1791 e finado en 1869, foi un medallista e deseñador de moedas italiano.

Traxectoria

Giuseppe Ferraris era fillo dun empregado da embaixada austríaca. A familia trasladouse a Milán, e alí Giuseppe foi aprendiz do célebre medallista e deseñador de moedas boloñés Luigi Manfredini, ao tempo que estudaba na Academia de Belas Artes de Brera."Giuseppe Ferraris". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). miniatura|216x216px|20 liras de Carlos Alberte de Sardeña (1849). A primeira medalla que se coñece de Giuseppe Ferraris data de 1828. Baixo o reinado de Carlos Alberte de Saerdeña (1831-1849) sucedeu a Amedeo Lavy como gravador xefe da Casa da Moeda de Turín, e foi o creador de todas as moedas de ouro e de prata deste monarca. Conservou o posto baixo Vítor Manuel II de Sardeña (1849-1861) e logo de Italia (1861-1878), e foi tamén o autor de todas as moedas a nome deste rei deseñadas ata o seu falecemento, en 1869.Forrer, L. (1907)."Giuseppe Ferraris". Numista.com miniatura|126x126px|Selo de 15 centésimos (1863). Ademais das moedas, realizou tamén numerosas medallas, na súa maior parte relacionadas con acontecementos da historia contemporánea italiana. Destacan as medallas de busto de Vítor Manuel II,"Ferraris G.-Vagnetti F. (1861), Medaglia di Vittorio Emanuele II". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). e outras como as de Mercurino Arborio de Gattinara, Chanceler de Carlos V (1845);"Ferraris G. (1845), Medaglia di Mercurino Arborio di Gattinara". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). Samuel Jesi (1853)"Ferraris G. (1853), Medaglia di Samuele Jesi". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). e Cesare Saluzzo, director da Escola Militar de Turín (1854), así como a da apertura do Parlamento (1859),"Ferraris G. (1859), Medaglia per l'apertura del parlamento". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it). a do casamento de Fernando I de Austria (1831), etc.

Nas moedas e medallas da súa creación aparece a inscrición FERRARIS, en letras maíusculas e de pequeno tamaño, a modo de marca de gravador.

Os seus deseños utilizáronse tamén para os primeiros selos postais do novo reino italiano, na década de 1860."Giuseppe Ferraris". Colnect.com

Escolma de obras

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Forrer, L. (1907). "Ferraris, Giuseppe". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 2. Spink & Son., Londres. Páxina 88.

Categoría:Nados en 1791 Categoría:Nados en Turín Categoría:Finados en 1869 Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Medallas Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes