O RFA Argus é un buque da Royal Auxiliary Fleet (Frota Auxiliar) do Reino Unido, membro da Royal Navy.

Historia Fabricado e botado en Italia, o Argus era orixinalmente un buque portacontedores co nome de MV Contender Bezant. O buque foi requisado polo goberno británico en 1982 para participar na Guerra das Malvinas e adquirido en 1984 para o seu uso como buque adestramento aeronaval, en substitución do RFA Engadine.

Funcións hospitalarias En 1991, durante a Primeira guerra do Golfo, o Argus foi equipado cun hospital de campaña completo, asumindo as funcións dun buque de referencia para a recepción de feridos de combate. En 2009 esa función converteuse na principal do barco.

Ao levar armas a bordo, a Segunda Convención de Xenebra impide que o RFA Argus sexa oficialmente clasificado como buque hospital.

Rescate de mariñeiros galegos O 2 de febreiro de 1998, o RFA Argus participou no rescate do buque Delfín del Mediterráneo, que se afundira durante unha tormenta, a 248 millas ao suroeste do cabo de San Vicente nas coordenadas 34° 34' N, 13° 04' W. O barco despregou os seus helicópteros e, a pesar das ondas de até 40 pés (aproximadamente 12,2 m), logrou rescatar a doce mariñeiros do barco, dez deles galegos. Outros dous membros da tripulación faleceron. En marzo de 1998, o capitán do RFA Argus recibiu a Medalla de Prata de Galicia das mans do presidente Manuel Fraga, en nome do buque e da súa tripulación. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Medalla de Galicia Buque hospital

Categoría:Barcos de 1981 Categoría:Medalla de Prata de Galicia