Marian Smoluchowski, nado en Viena o 28 de maio de 1872 e finado en Cracovia o 5 de setembro de 1917, foi un físico, estatístico e matemático polaco. Foi tamén foi un destacado alpinista, membro da Sociedade Alpina de Austria.

Traxectoria

Formación Smoluchowski creceu e formouse en Viena, cidade na que o seu pai, un avogado polaco, era xefe da sección polaca da chancelería do emperador Francisco Xosé I de Austria. Após doutorarse na Universidade de Viena en 1894, pasou uns anos ampliando os seus estudos en París e Inglaterra.

Docencia En 1898, cando regresou a Viena, era profesor asistente na universidade e, ao ano seguinte, con só vinte e seis anos, foi nomeado profesor da Universidade de Lwów (actualmente Lviv, Ucraína). Desde 1903 foi profesor de física matemática nesta universidade.

En 1913 foi nomeado profesor de física experimental na Universidade Iaguelónica de Cracovia.

Pasamento Cinco anos despois de ser nomeado profesor en Cracovia, morreu nesa cidade debido á disentería contraída durante a gran fame provocada pola Primeira guerra mundial.

Legado As contribucións de Smoluchowski á física e ás matemáticas foron numerosas, especialmente no campo do movemento browniano, os procesos estocásticos e outros problemas relacionados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Marian Smoluchowski» . MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Escocia.

Categoría:Finados por disentería Categoría:Matemáticos de Austria Categoría:Físicos de Austria Categoría:Profesores da Universidade Iaguelónica de Cracovia Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Físicos de Polonia Categoría:Matemáticos de Polonia Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1917