Expiación e outros relatos é unha escolma de contos da escritora estadounidense Edith Wharton, publicado en galego no ano 2023. Foi editado por Irmás Cartoné, con tradución directa do inglés de Celia Recarey.
Relatos O libro compila os seguintes relatos de Wharton: +Título en galegoTítulo orixinalAno de publicaciónExpiaciónExpiation1903O timbre de servizoThe Lady's Maid's Bell1902A orixe do homeThe Descent of Man1904Os outros dousThe Other Two1904
Sinopse
Expiación. Historia satírica sobre un escritor a piques de facer o seu debut literario. O timbre de servizo. Desesperada por atopar traballo, unha moza chamada Hartley decide aceptar un posto na casa dos Brympton, escura e chea de segredos. A orixe do home. Un eminente investigador decide publicar un libro pseudocientífico para poñer en evidencia este tipo de ideas; porén, a súa obra convértese nun éxito de vendas. O protagonista serve para explorar satiricamente a teoría da evolución de Darwin e o debate xurdido ao seu redor. Os outros dous. Unha parella de recentemente casados, os Waythorn, terán que asumir as consecuencias dos divorcios anteriores da esposa. O texto aborda o tema do divorcio, moi polémico na súa época.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Edith Wharton Irmás Cartoné Celia Recarey Rendo
Ligazóns externas
Edith Wharton en galego por partida dobre (Diario Cultural) Expiation (texto completo en inglés)
Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Literatura dos Estados Unidos de América Categoría:Literatura en lingua inglesa