Victoria Benedictsson, nada en Domme o 6 de marzo do 1850 e finada en Copenhague o 21 de xullo do 1888, foi unha escritora sueca. O seu nome de nacemento é Victoria Maria Bruzelius, e escribiu baixo o pseudónimo de Ernst Ahlgren. Entre as súas obras, destacan Cartos (1885) e Fru Marianne (1887).

Traxectoria Benedictsson naceu nunha granxa de Domme, unha vila da provincia de Skåne. Aos 21, casou cun viúvo de 49 anos de Hörby, Christian Benedictsson, co que tería dúas fillas.

Logo de quedar encamada por unha enfermidade ósea, comezou a escribir, publicando a súa primeira escolma de relatos, Från Skåne, no 1884. Benedictsson suicidouse no Hotel Leopold de Copenhague o 21 de xullo do 1888. Foi soterrada no Cemiterio Oeste da capital dinamarquesa.

Obra Victoria Benedictsson é, xunto con August Strindberg, unha das principais figuras do realismo sueco. Nas súas novelas, describiu as desigualdades do matrimonio e reflexionou sobre os dereitos das mulleres. A crítica actual considéraa unha precursora do feminismo.

Tamén escribiu obras de teatro, entre as que destaca I Telefon ("Ao teléfono"), que foi interpretada vinte e sete veces no Teatro Real de Estocolmo, con grande éxito.

Traducións

Cartos (2023). Tradución directa ao galego de Marta Dahlgren. Hugin e Munin. .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obras de Victoria Benedictsson (Proxecto Gutenberg)

Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Finados en 1888 Categoría:Nados en 1850 Categoría:Escritores de Suecia