A Pro-X carboxipeptidase lisosómica ou prolilcarboxipeptidase é un encima que nos humanos está codificado no xene PRCP do cromosoma 11.
A proteína codificada por este xene é unha prolilcarboxipeptidase lisosómica, que corta os aminoácidos C-terminais unidos á prolina en péptidos como a anxiotensina II, a anxiotensina III e a des-Arg9-bradiquinina. O corte ocorre a pH ácido, pero a actividade do encima mantense con algúns substratos a pH neutro. Este encima é un activador da precalicreína asociada á matriz celular. A importancia da anxiotensina II, que é un dos substratos deste encima, na regulación da presión arterial e o equilibrio electrolítico suxire que este xene pode estar relacionado coa hipertensión esencial. Atopáronse variantes de transcrición de empalme alternativo que codifican distintas isoformas deste encima.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Hidrolases