Rafael Pérez Martínez, alcumado Tito, nado en Cados (Muíños) o 3 de febreiro de 1945Cumpleaños 03-02-2021 e finado o 17 de decembro de 2024 en Laxal (Mugueimes, Muíños), foi un empregado de banca e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Director da Caixa de Aforros de Ourense en Muíños. Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muíños. Nese mandato foi designado deputado provincial, o único do PSdeG nesa corporación e por tanto o primeiro de toda a democracia. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido alcalde de Muíños grazas ao apoio dos concelleiros de AP. Nas municipais de 1987 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, sendo ademais designado deputado provincial. Volveu revalidar a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1991. Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, por tan só 11 votos, e permaneceu como portavoz socialista no concello durante ese mandato, tralo cal se retirou da primeira liña política.
Vida persoal Finou ao caer do alto do pendello da casa familiar, mentres reparaba un furado na uralita. Casara.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muíños
Categoría:Alcaldes de Muíños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Muíños Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2024