Charles C. Mann, nado o 12 de xuño de 1955, é un xornalista e autor estadounidense especializado en temas científicos. O seu libro 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus publicado en 2006 gañou o National Academies Communication Award ao mellor libro do ano. É coautor de catro libros e editor colaborador das revistas Science, The Atlantic Monthly e Wired.

Traxectoria Mann naceu en 1955 e graduouse no Amherst College en 1976. Mann escribiu para Fortune, The New York Times, Smithsonian, Technology Review, Vanity Fair e The Washington Post. En 2005 escribiu 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus, seguido en 2011 por 1493: Uncovering the New World Columbus Created. En 2012 foi xuíz do Premio PEN/E. O. Wilson Literary Science Writing. Tamén escribiu para a serie de televisión Law & Order.

É tres veces finalista do National Magazine Award e recibiu premios de escritura da American Bar Association, o American Institute of Physics, a Alfred P. Sloan Foundation, e a Lannan Foundation. Vive en Amherst, Massachusetts coa súa muller e os seus fillos.

En 2018, Mann publicou The Wizard and the Prophet, que detalla dúas teorías sobre o futuro da agricultura, a poboación e o medio ambiente. O "wizard" (mago) do título refírese a Norman Borlaug, o gañador do Premio Nobel da Paz ao que se atribuíu o desenvolvemento da Revolución verde e salvar a mil millóns de persoas da fame. Mann refírese a William Vogt, un dos primeiros defensores do control da poboación, como o "profeta".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "An Interview with Charles C. Mann" en BookBrowse

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América