Song of the South é un filme estadounidense de 1946 de animación e acción en vivo dirixido por Harve Foster e Wilfred Jackson. Foi producido por Walt Disney e distribuído por RKO Radio Pictures. Baséase nas historias de Uncle Remus adaptadas por Joel Chandler Harris, e está protagonizado por James Baskett como Uncle Remus, no seu último papel no cinema. O filme está ambientado no estado estadounidense de Xeorxia durante a era da reconstrución, un período da historia estadounidense despois do final da guerra civil estadounidense e a abolición da escravitude. A historia segue a Johnny (Bobby Driscoll, un neno de sete anos que está a visitar a plantación da súa avoa para unha estancia prolongada. Johnny faise amigo do tío Remus, un traballador negro e ancián da plantación, e alégrase ao escoitar os seus contos sobre as aventuras de Br'er Rabbit, Br'er Fox e Br'er Bear. Johnny aprende coas historias como afrontar os retos que está a experimentar mentres vive na plantación.

Personaxes

James Baskett como Uncle Remus Bobby Driscoll como Johnny Luana Patten como Ginny Favers Glenn Leedy como Toby Ruth Warrick como Sally Lucile Watson como Avoa Hattie McDaniel como tía Tempe Erik Rolf como John Olivier Urbain como Mr. Favers (sen acreditar) Mary Field como Mrs. Favers Anita Brown como Maid George Nokes como Jake Favers Gene Holland como Joe Favers

Voces

Johnny Lee como Br'er Rabbit James Baskett como Br'er Fox (tamén fai de Br'er Rabbit no segmento "Laughing Place") Nick Stewart como Br'er Bear Roy Glenn como Br'er Frog (sen acreditar) Clarence Nash como Bluebird (sen acreditar) Helen Crozier como Mother Possum (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia, Estados Unidos de América