Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.
O 9 de xullo de 2022, o plenario da Real Academia Galega, institución que presidiu de 1997 a 2001, decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Foi o primoxénito dos once fillosOs irmáns chamáronse: Antonio (1914), Amada (1915), Domingo (1916), Rosa (1917), Fernando (1919), Ana María (1921), Joaquín (1924), Vicente (1927), Jesús (1929) e María del Rosario (1930). . de Vicente Fernández Díaz (1880-1945), agrarista e rico comerciante natural de Cedofeita, Ribadeo,<ref>
Outros artigos Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega Pinacoteca Francisco Fernández del Riego Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego
Ligazóns externas
Francisco Fernández del Riego na Biblioteca Virtual Galega. no Proxecto Epístola do Consello da Cultura galega. , Olga et al. (29/11/2010) "Perfil biográfico do histórico galeguista recentemente falecido" en Culturagalega.org. CCG. , M. D. (13/1/2011). "Una mente lúcida al servicio de Galicia»". FronteraD, revista digital .
Categoría:Artigos destacados sobre Galicia