Ticiana Luz Ghiglione Darriba, "Cha", nada en Buenos Aires o 22 de abril de 1982, é unha artista multidisciplinar galega.

Traxectoria Filla de Luz Darriba e Luis Alberto Ghiglione Carnio. En 1992 chegou coa súa familia a Lugo, e posteriormente estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realizou o CAP e un mestrado en animación e ilustración. Posteriormente, ten dado clases e obradoiros en diversos lugares, expoñendo en diversos foros e asemade colaborando con diversas publicacións. Tras vivir tamén en Ourense, en 2024 reside en Ribadeo. Obra Realizou a obra Homenaje a la sorpresa del trigo, en relación á obra de Maruja Mallo e exposta no Museo Provincial de Lugo. Exposicións 2000: Exposición “Viento Norte” na “Casa da Xuventude”, Santiago de Compostela 2001: Exposición “Superarte” na Galería de Arte Nova Rúa (Lugo) 2002: Exposición no Museo das Ciencias de Madrid 2007: Sala de exposicións do Hotel Araguaney (Santiago de Compostela) 2007: “Tras as pegadas de Delos” na Asociación Cultural de Hipercor (Santiago de Compostela) 2008: Colectiva no Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas, Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Bos Aires (Arxentina) 2009: Animacións e creación de personaxes, Xornadas Pedagóxicas, Museo Provincial (Lugo) 2009: Colectiva “París-Monte Pego”, organizada pola galería Fivars (Alacante) 2020: Biblioteca Municipal de Arzúa

Performances 2002: Performance “Tecedoiras de Soños” dentro do proxecto Sherezade, Museo Provincial (Lugo) 2004: Accésit no Certame de Pintura ó aire libre da cidade de Lugo 2008: “Libro Vivo”, Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela)

Actividades de coordinación 2010: ÁgoraLibros (Pontevedra) 2019: Culturas en diálogo 2018/2019http://www.museolugo.org/archivos/docs/3119_Programa%20Musapalabra%20%28castellano%29.pdf 2021: Nadie puede contener la marcha de mis pensamientos

Publicacións

Libros Creadora da personaxe de viñetas DinaMita, publica en 2018 Dinamitadas. El despertar de la ironía ISBN 9788469790236

En 2024 aparece con dez historias de humor negro Non apartes a mirada do espello / No apartes la mirada del espejo ISBN 9788409584383

Outros No 2003 participa cunha ilustración no libro “Cento Sete Marés”, con cento sete artistas de todo o mundo pola catástrofe do afundimento do Prestige, abrindo unha serie de colaboracións gráficas en libros (como en 'Toda la gente errante') e revistas e outros medios. Así, no 2008 publica diversos artigos na revista virtual “Foeminas”, da casa da Muller do Concello de Lugo, viñetas en Pontevedra Viva, Nós Diario , Galiza Nova, etc.

Asemade, a súa é referida e estudada en diversos lugares, como na tese de doutouramento de Ánxela Caramés. Recoñecementos 1997: 1º Premio, Certame de Pintura organizado polo Museo Provincial de Lugo 1999: 2º premio no Certame de Pintura para menores de 30 anos organizado pola Xunta de Galicia (A Coruña) 2000: 1º Premio de Pintura para mozos no II Certame dos Premios Nelson Zumel 2006: 2º premio no IV Certame de Pintura Lucus Augusti

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Artigo de Xulio Xiz sobre Ticiana e o seu primeiro libro.

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Ilustradores de Galicia