O castelo de Viana do Bolo, agora máis coñecido como Torre de Viana do Bolo, foi un castelo construído na Idade Media en Viana do Bolo, cando a vila gozaba de foro e goberno propios. Consérvase a torre da homenaxe, de base cadrada e 32,7 metros de altitude. O soto da torre está cuberto cunha bóveda de canón reforzada por tres arcos transversais apuntados. Consérvase a porta de entrada ao patio de armas e a porta do patio de honra. Hoxe alberga o Museo Etnográfico de Viana e unha sala de exposicións con cadros doados do pintor vianés, Nelson Zume. Foi declarada Monumento Histórico-Artístico o 22 de abril de 1949.
Historia Construído no século IX para a defensa contra os musulmáns e posteriormente destruído na defensa da vila. En 1180 o rei Fernando II chegou a Viana, que daquela estaba deshabitada, e ordenou a reconstrución da torre e a repoboación da vila. A torre pasou a pertencer a Casa de Lemos, en primeira instancia a Fernando Osorio de Castro, despois Henrique II cedeullo a Pedro Enríquez. Foi reconstruída no século XV tras sucesivos conflitos, e Filipe II converteuna en cabeza de marquesado a favor de Pedro Pimentel, fillo do conde de Benavente, que colocou o escudo que vemos hoxe. Nas guerras carlistas do século XIX foi de novo escenario de duros enfrontamentos. O reloxo da torre foi instalado no ano 1889. Durante a guerra civil foi utilizada como prisión.
Notas
Viana do Bolo Viana do Bolo Categoría:Viana do Bolo Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Ourense