O río Orontes é o principal río de Siria, excluído o río Éufrates.

Historia e características Estrabón di que o seu nome orixinal foi Tifón (Typhon). O río pasaba por Antioquía e Seleucia (coñecida ás veces por Seleucia do Orontes).

O río nace nas montañas do Líbano, onde modernamente é chamado Al-Asi (Nahr al-Asi, ou "o río rebelde"), preto da vila de Labweh, un chisco ao norte de Baalbek, na parte oriental do val da Bekaa. Corre paralelo á costa para o norte en territorio sirio e pasa por Homs e Hamah e máis ao norte xira ao oeste e entra en territorio de Turquía, pasando por Hatay, ata chegar ao mar, desaugando en Suweidah (actualmente Samandagi).

Os principais afluentes ao norte son o Afrin (Afreen, antigo Oenobaras) e o Kara Su. O seu curso é duns 240 km.

Non é navegábel e a súa importancia deriva do feito de correr de sur a norte formando un val que antigamente permitía as comunicacións fluídas entre o norte e o sur de Siria.

Foi escenario da batalla de Qadesh (sobre 1290 / 1275 a. C.) e a batalla de Qarqar (entre asirios e os reis confederados dirixidos por Damasco o 853 a. C.).

O río marcou a fronteira norte e leste de Amurru baixo dominio exipcio (séculos XV a. C. e XIV a. C.). Os cruzados tíñano como fronteira entre o Principado de Antioquía e o Emirato de Alepo.miniatura|O río Orontes e as noras de Hamah.|centro

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ríos de Siria Categoría:Ríos de Turquía Categoría:Ríos do Líbano Categoría:Ríos asiáticos mediterráneos