STEP 4, acrónimo de Space Test Experiment Platform 4, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 22 de outubro de 1997 a bordo dun foguete Pegasus XL desde Wallops Island.

Características STEP 4 foi un satélite de demostración tecnolóxica baixo o programa STP (Space Test Program) para facer diversos experimentos no espazo. Construído co bus LEOStar e con 403 kg de masa, levaba a bordo os seguintes experimentos:

Digital Ion Drift Meter (DIDM) para medir a deriva dos ións en órbita. Electromagnetic Propagation Experiment (EMPE), para estudar a propagación das ondas de radio na ionosfera. Orbiting Ozone and Aerosol Measurement (OOAM), para estudar o ozono e o vapor de auga na atmosfera media.

Tras entrar en órbita o satélite tivo problemas coa despregadura dos seus paneis solares e apenas se conseguiu contactar con el, e de alí a pouco a misión declarouse como fracaso. STEP 4 volveu entrar na atmosfera terrestre o 31 de marzo de 2001.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pegasus XL STEP 0 STEP 1 STEP 2 STEP 3

Categoría:Satélites artificiais