Baranya (Croata: Baranja, Serbio: Baranja ou Барања, Alemán: Branau) é o nome dun condado administrativo (megye) húngaro situado na rexión de Baranya e tamén no antigo Reino de Hungría.
O condado de Baranya sitúase no sur de Hungría, na fronteira con Croacia. O río Drava limita a súa fronteira sur, namentres que o Danubio limita a súa fronteira leste. O condado fai fronteira cos condados húngaros de Somogy, Tolna e Bács-Kiskun. A capital do condado de Baranya é Pécs.
Estrutura rexional A capital do condado é unha das cinco maiores de Hungría (e a terceira aglomeración do país). A metade da poboación do condado vive na capital ou preto dela, namentres que o 22% da poboación vive en vilas con menos de 1000 habitantes.
Cidade con dereitos de condado Pécs
Vilas principais 300px|miniatura|dereita|Hosszúhetény dende o aire (ordenadas por poboación segundo o censo do 2001)
Komló (27.462) Mohács (19.085) Szigetvár (11.492) Siklós (10.384) Szentlőrinc (7.265) Pécsvárad (4.104) Bóly (3.715) Sásd (3.570) Harkány (3.519) Sellye (3.248) Villány (2.793)
Categoría:Condados de Hungría