Antonia Pérez Padín (Ceuta) foi unha feminista e comunista española activa durante a II República e a Guerra Civil española en Ceuta. Formou parte da sección de Ceuta do Socorro Vermello Internacional e do Partido Comunista de España. A Unión Xeral de Traballadores concedeulle por unanimidade o seu premio "La Latera" a título póstumo en 2017 en recoñecemento á súa loita pola igualdade da muller.
Traxectoria Antonia Perez naceu en Ceuta e creceu nun fogar onde lle inculcaron o valor de loitar contra as inxustizas sociais. Filla dunha nai recia e con forte carácter e dun pai profesor e anarquista, axiña tomou conciencia.
De adulta, comprometeuse politicamente e polo seu desexo de axudar as persoas pobres e as oprimidas, afiliouse á sección ceutí do Socorro Vermello Internacional e foi membro do Partido Comunista de España. Como activista, apoiou os traballadores portuarios de Ceuta, que estaban en folga protestando polas condicións laborais que tiñan e proporcionoulles alimentos e organizou reunións na súa casa. Tamén participou noutras campañas en favor das persoas necesitadas da cidade, como as traballadoras dunha fábrica de peixe da cidade e loitou polos dereitos da muller e a igualdade salarial.
Durante a Guerra Civil española, pasou algún tempo en Rabat, onde foi testemuña das atrocidades cometidas por Falanxe Pelegrina, entre elas, o bombardeo de civís.
Casou con Antonio Berrocal e tiveron seis fillos, dos que sobreviviron cinco. O seu marido era membro do Partido Comunista de España e foi elixido concelleiro da cidade de Ceuta nas eleccións do 12 de abril de 1931.
Pérez vivía no barrio de Las Latas de Ceuta. Rexentaba un pequeno restaurante preto da zona de La Puntilla en Ceuta e despois tivo unha pequena tenda de alimentación. Tamén traballou como matrona.
Activismo no franquismo miniatura| Prisión do Partido de Ceuta confirma que Antonia Pérez Padín está en prisión por orde do Delegado do Señor Comandante Militar o 14 de agosto de 1936. O 14 de agosto de 1936 foi detida e encarcerada coincidindo co golpe de estado de 1936, na prisión de mulleres de Sarcel. Nunca volveu ver ao seu marido tras o seu arresto. Nese momento os seus fillos tiñan idades comprendidas entre os dous e dez anos. Algúns foron quedar cos seus familiares, aínda que dous foron a un asilo.Foi levada a prisión xunto con moitas outras mulleres feministas que apoiaron a Segunda República Española.
Meses despois, Antonio Berrocal, o seu marido, foi asesiñado na súa propia granxa xunto con outras 32 persoas o 21 de xaneiro de 1937, tras ser arrastrado alá por unha turba de falanxistas. Foi un dos oito concelleiros do goberno de once membros que serían fusilados polas forzas nacionalistas.
Antonia Pérez logo foi trasladada ao acuartelamento García Aldave cara a xullo de 1937.Tras varios meses en prisión, foi finalmente condenada á morte á idade de 39 anos en Ceuta o 17 de novembro de 1937. Recibiu dúas condenas de morte, a primeira por pertencer á rama ceutí do Socorro Vermello Internacional e a segunda, por pertencer ao Partido Comunista. A súa condena á morte debeuse en parte a que o apoio a estas dúas organizacións considerábase parte dun complot inminente máis amplo das comunidades para crear unha revolución estranxeira, de influencia soviética, en España.
Xunto a ela e polos mesmos motivos, foron condenadas a morte e sen xuízo previo,outras catro mulleres: Andrea Maese Vázquez, Francisca Gutiérrez Hernández, Joaquina Garriga Mosquecho e Ana Sánchez González. Foron cinco as mulleres condenadas á morte en Ceuta polas forzas nacionalistas no período comprendido entre 1936 e 1942.
A pena de morte de Antonia Pérez foi conmutada posteriormente por 12 anos de prisión. Pasaría os oito anos seguintes encarcerada en varias prisións, como o Cárcere de Mulleres do Sarchal de Ceuta, Cádiz, Burgos e Madrid. En novembro de 1945, un xuíz anunciou a súa liberación do cárcere de Madrid, pero nunca foi indultada polo Estado español.
Durante a súa estancia no cárcere de mulleres do Sarchal, foi testemuña de como un coñecido falanxista local pedía favores sexuais a outra presa, Antonia Céspedes Galego. O 21 de xaneiro de 1937o falanxista apareceu e levou a Céspedes pola forza, dicindo ás demais presas: "Sodes unhas vermellas e algún día virei a por algunhas de vós". Mentres sacaba a Céspedes da cela esta berraba pedindo axuda a Pérez, máis o falanxista apuñalouna por detrás e pouco despois, Pérez ouviu un disparo no exterior. Ela é unha das poucas mulleres que verificou historias de violencia sexual neste cárcere a través da súa historia oral.
Últimos anos Os seus fillos sobreviviron á Guerra Civil, e un deles, o historiador Manuel Berrocal, non a coñeceu ata os 10 anos, debido ao tempo que ela estivo na cadea. A súa neta, Gloria Berrocal, escribiu varios libros sobre as vivencias da súa avoa durante a Guerra Civil.
Anos despois, cando Antonia Pérz falou coa súa familia, do tempo que estivo presa, cualificou as cárceres de hoteis, ocultando as atrocidades vividas e máis tarde compartiu estas experiencias coa súa neta. Ela fixo que a súa estadía no cárcere parecese a dunha viaxeira do mundo, para non contar as penalidades vividas.
Nos seus últimos anos, Pérez sempre vestía de negro. A miúdo tiña as pernas inchadas e con varices. Na súa vida despois do cárcere, escoitaba a Radio Nacional Española coa súa familia, e suspiraba con frecuencia ao escoitar a noticia. Nese tempo, cando vía a televisión e escoitaba aos comentaristas dicir que en España non había presos políticos, tiraba un zapato á televisión.
Recoñecementos A Unión Xeral de Traballadores concedeulle por unanimidade o premio "La Latera" a título póstumo en 2017, recollendo no seu nome o seu fillo Manuel Berrocal. A decisión de concederlle o premio baseouse no compromiso de non esquecer a memoria histórica á súa loita pola igualdade da muller. O propio premio outórgase cada dous anos expresamente para lembrar ás mulleres que loitaron pola xustiza social, os dereitos das mulleres e a igualdade en España, para que non caian no esquecemento.
Notas
Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Comunistas de España Categoría:Feministas de España Categoría:Finados no século XX