miniatura|Estrutura química dun grupo acetilo unido ao resto (R) dunha molécula. Este grupo transfírese a outras moléculas en reaccións catalizadas por acetiltransferases. Unha acetiltransferase (ou transacetilase) é un tipo de encima transferase que transfire un grupo acetilo, nun proceso chamado acetilación. A acetilación serve para crear unha modificación que pode transformar profundamente a funcionalidade dunha molécula, como unha proteína, ao modificar varias propoedades como a hidrofobicidade, solubilidade e atributos de superficie. Estas alteracións poden influír na conformación da proteína e na súa interacción cos substratos, cofactores e outras macromoléculas.

+Táboa 1: Exemplos de acetiltransferasesAcetiltransferasesSubstratoXeneLocalización cromosómicaGrupo xénicoAbreviaturaHistona acetiltransferaseResiduos de lisina en histonasHAT12q31.1Lisina acetiltransferasesHATColina acetiltransferaseColinaCHAT10q11.23ChATSerotonina N-acetiltransferaseSerotoninaAANAT17q25.1N-Acetiltransferases relacionadas con GCN5AANATNatA acetiltransferaseN-terminal de varias proteínas a medida que sae do ribosomaNAA154q31.1Dominio helicoidal similar ao Armadillo Contén subunidades de N-alfa-acetiltransferaseNatANatB acetiltransferasePéptidos que empezan con Met-Asp/Glu/Asn/GlnNAA2512q24.13Subunidades de N-alfa-acetiltransferaseNatB

Estrutura

As predicións da estrutura tridimensional das histona-, colina-, e serotonina acetiltransferases móstranse nas imaxes.

Outro exemplo, neste caso dunha acetiltransferase bacteriana, é a cloranfenicol acetiltransferase, que detoxifica o antibiótico cloranfenicol e dálle á bacteria resistencia ao cloranfenicol.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aciltransferase Acetilación

Ligazóns externas

Categoría:Transferases