Jean Élie Isidore Boudeau, nado en La Rochelle o 4 de febreiro de 1852 e finado en Gagny o 28 de maio de 1912, foi un político e numismático francés.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Élie Boudeau naceu en La Rochelle, departamento francés de Charente Marítimo, o 4 de febreiro de 1852,Mayeur, J-M.; Schweitz, A. (2001).Vapereau, G. (1893). fillo de Eulalie Anne Papin (nada en 1825) e do comerciante Élie Isidore Boudeau (nado en 1811). A orixe modesta da súa familia non lle permitiu recibir unha educación superior."Boudeau, Jean Élie Isidore". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHAS.fr).
Os seus inicios profesionais foron como representante de comercio e posteriormente dedicouse como empresario á fabricación de xabón.
Carreira política En 1871, aos 19 anos, exento de cumprir o servizo militar, ingresou no corpo de francotiradores de París. Deu conferencias sobre a abolición dos orzamentos eclesiásticos, sobre a reforma do calendario e sobre política republicana.
esquerda|miniatura|Caricatura dos deputados boulanxistas. Boudeau é o segundo pola esquerda da ringleira superior.
Foi un membro activo da Liga dos Patriotas (Ligue des patriotes). Nas eleccións do 22 de setembro de 1889 resultou elixido deputado polo hoxe desaparecido departamento do Sena na 4ª circunscrición de Saint-Denis (Courbevoie), cargo que exerceu entre o 6 de outubro de 1889 e o 14 de outubro de 1893, na candidatura do Partido Boulanxista (seguidores de Georges Boulanger)."Elie, Isidore, Jean Boudeau". Assemblée nationale. A súa participación neses comicios foi posible grazas ao apoio do nacionalista Paul Déroulède, figura do boulanxismo e fundador da Liga de Patriotas.Les coulisses du Boulangisme. Léopold Cerf, París. 1890. Páxina 325,
En agosto de 1892, a fiscalía do departamento do Sena emitiu unha orde de detención contra Boudeau en relación co asunto Vergnaud, un cambiador boulanxista que estaba fuxido. No medio deste proceso xudicial, Boudeau viaxou a Lión e a prensa chegou a dalo por desaparecido."Le Député Boudeau". En L'Echo de Lyon. 14 de agosto de 1892. Posteriormente viuse tamén implicado noutros problemas xudiciais, como o caso da Caixa Central de París"Un Déuté en police correctionelle". En. La Dépêche. 30 de maio de 1893. —durante o que se refuxiou en Bruxelas—. Así mesmo, o propietario da fábrica onde producía xabón presentou unha denuncia contra el por falta de pagamento de facturas, aínda que finalmente foi declarado inocente destes cargos. En 1895 foi detido pola xendarmería belga e entregado ás autoridades francesas por creba fraudulenta. Estivo na cadea en Lille antes de ser trasladado a París."Petites nouvelles". En L'Express du Midi. 25 de abril de 1895.
Élie Boudeau era masón e foi membro da loxa Émile Zola, Oriente de París. Entre outras entidades, formou parte da Sociedade Francesa de Estatística (desde 1882)"Liste alphabétique des membres". En Journal de la Société de Statistique de Paris. Nº 1. Xaneiro de 1890. Páxina 25. e da Sociedade Positivista de París (28 de novembro de 1877 a 1885). Tamén foi secretario do Círculo de Estudos Sociais dos Proletarios Postitivistas de París (1878) e dirixiu a revista Revue Occidentale, fundada en 1878.
Numismático Élie Boudeau foi un grande afeccionado á numismática. El mesmo explicaba nunha declaración á prensa a súa paixón cara a esta disciplina:
En París abriu un comercio de numismática, na rúa Louvois, chamado Cabinet de Numismatique,"Cabinet de Numismatique". Archive.org e publicou numerosos catálogos coas súas poxas de moedas." Cabinet de Numismatique [E. Boudeau], Paris". En Die numismatische Bibliothek Alain Poinsignon, Straßburg. Künker. 2021. Páxinas 55-56.
En 1893 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática, e en 1905 foi elixido membro da British Numismatic Society,The British Numismatic Journal and Proceedings of the British Numismatic Society. British Numismatic Society. . Páxina 440. de Londres.
Vida persoal Élie Boudeau casou, cara a 1892, con Honorine Dewarne (nada en 1853). Logo de enviuvar, casou en segundas nupcias en 1897 con Apolone Toyon (finada en 1898), con quen acolleu como filla unha nena de tres anos nada en Bruxelas en 1894, chamada Germaine Pauline.
Élie Boudeau finou na vila de Gagny, no departamento de Sena-San Denis, o 28 de maio de 1912, e está soterrado no cemiterio das Abadesas de Gagny.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jolly, J. (dir.) (1960). "Élie Boudeau". En Dictionnaire des parlementaires français (1889-1940). Presses universitaires de France, París. Mayeur, J-M.; Schweitz, A. (2001). "Boudeau, Jean Élie Isidore". En Les parlementaires de la Seine sous la Troisième République. Volume 1. Publications de la Sorbonne. Páxina 97. ISBN 978-2-85944-432-7 Vapereau, G. (1893). "Boudeau (Élie)". En Dictionnaire universel des contemporains. 6ª ed. Hachette, París. Páxina 202.
Categoría:Nados en La Rochelle Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Deputados de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática