Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, traballou como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Chantada e despois no Instituto Xoán Montes de Lugo ata o ano 2020.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
Obra Narrativa Historia dun paraugas azul (1991). Xerais. 2ª 2006. A biblioteca da iguana (1994). Xerais. Relatos. A neve na cadeira (1994). Nigra. Relato longo. A tres bandas (1995). Xerais. Novela policial. Partenoxénese (1995). Xerais. Vestío (1995, Nigra). O demo á orella (1996). Xerais. Relatos. Morning Star (1998). Xerais. Novela. Infancia e desventura de Lino Carrán (2000). Galaxia. Novela Triloxía pánica (2002). Xerais. Tarxeta vermella (2003). Xerais. Relatos.
Literatura infantil e xuvenil O coello Federico (2000). Xerais. Lúa e os nubeiros (2000). Galaxia. Feitizo (2001). Xerais. Ariadna (2002). Xerais. Pel de lobo (2002). Xerais. Foi traducida ao castelán e ao catalán. Álvaro e Álvaro (2004). Xerais. Federico na silveira (2006). Xerais. As mans do medo (2007). Xerais. A nena pálida (2007). Tambre. Piratas polo Miño (2007). Tambre. Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca (2006). Xerais. Foi traducida ao castelán. Amancio Amigo e o demo da botella (2008). Xerais.
Poesía Amantes e viaxeiros (1996). Ediciós do Castro. Sonetosfera (1996). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Carozo azul (1997). Deputación da Coruña. Permiso para o corso (1997). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. As cidades mergulladas. Poesía reunida (1973-2002) (2003). Xerais. Capitán dos teus ollos (2005). Espiral Maior. As torres aboliadas (2026). Centro PEN Galicia. ISBN 978-84-09-79289-4.
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco. Relato contemporáneo (1995). Xerais. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais. Novo do trinque (1997). BNG. Poemas e contos da muralla (2001). A Nosa Terra. Materia prima: relatos contemporáneos (2002). Xerais. Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Contos do museo (2003). Deputación de Lugo. Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior. X. Espazo para un signo (2005). Xerais. Apio, en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos (2006). Xunta de Galicia. Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006). Consello da Cultura Galega. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008). Xerais. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora. Actas das IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral. Lendas urbanas: mitos e ritos dos tempos modernos (2011). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Con Xoán Ramiro Cuba e Antonio Reigosa
Contos marabillosos. I e II (1998). Xerais.
Contos marabillosos. III e IV (1999). Xerais. Dicionario dos seres míticos galegos (1999). Xerais. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial. Contos de maxia. I, II, III e IV (2000). Xerais. Antoloxía do conto de tradición oral (2001). Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia. Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001). Xerais. Contos de animais. I e II (2001). Xerais. Pequena mitoloxía de Galicia (2001). Xerais.
Con Antonio Reigosa Colección Cabalo Buligán. 20 volumes (1998-2003). Xerais. Contos fantásticos. I e II (2001). Xerais. Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002). Xerais. Contos de encantamento. I e II (2002). Xerais. Máis contos de animais. I e II (2002). Xerais. Contos de parvos e pillos. I e II (2003). Xerais. Arrepíos e outros medos (2004). Xerais. Contos prodixiosos. I e II (2004). Xerais. A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas (2006, Xerais).
Premios Gañador do premio Modesto R. Figueiredo no 1988, por Na terra sombría. Premio García Barros no 1990, por Historia dun paraugas azul. Premio de narrativa fantástica Xenciana no 1994, por Partenoxénese. Gañador do VIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1995, por Amantes e viaxeiros. Accésit do Premio Esquío de poesía no 1995, por Sonetosfera. Gañador do Premio Esquío de poesía no 1996, por Permiso para o corso. Accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés de poesía no 1996, por Carozo azul. Premio Xerais no 1998, por Morning Star. Premio Merlín no 2002, por Pel de lobo. I Premio Literario Frei Martín Sarmiento (Categoría de 11 a 13 anos) no 2004, por Contos de parvos e pillos. I. Con Antonio Reigosa. 2025: XXIII Premio de Poesía Afundación, por As torres abolidas. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Ficha do autor en Xerais Entrevista a Xosé Miranda feita polo alumnado de Literatura Galega do século XX no MGB
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Premio Esquío Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Gañadores do Premio García Barros