O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.
Acontecementos 275 - en Roma, Eutiquiano sucede a Fiz I como papa. 1427 - O Papa Martín V nomea de por vida, "quoad vixerit", prior maior de tód olos conventos reformados de España a Frei Alvaro de Córdoba. 1493 - Cristovo Colón inicia a súa viaxe de regreso a España dende a illa Española (Santo Domingo). 1717 - Países Baixos, Inglaterra e Francia forman a Tripla Alianza. 1762 - Inglaterra declara a guerra a España e Nápoles. 1790 - As provincias belgas, excepto Luxemburgo, proclaman a súa independencia. 1805 - España e Francia firman un acordo de axuda militar e naval para invadir Gran Bretaña. 1812 - A vila de Tarifa repele e fai retroceder o exército francés do xeneral Leval. 1823 - O desbordamento do río Guadalquivir provoca a total inundación de Sevilla. 1833 - Fernando VII restablece a pragmática sanción que designa herdeira a súa filla Isabel en prexuízo do seu irmán Carlos. 1847 - Samuel Colt vende o seu primeiro revólver ó goberno dos Estados Unidos. 1857 - Inaugúrase en Barcelona o traxecto de ferrocarril entre Mataró e Arenys de Mar. 1870 - Aparece en Buenos Aires o xornal "La Nación", fundado por Bartolomé Mitre. 1874 - Levantamento republicano en Zaragoza a causa do golpe de Estado do xeneral Pavía. 1882 - Publícase o primeiro exemplar do xornal La Voz de Galicia. 1883 - Emítense as Ordenanzas que rexen o comercio de drogas, venda de pastas medicinais e o exercicio da profesión de boticario. 1885 - O doutor William Grant realiza a primeira apendicectomía con éxito. 1896 - Utah é admitido como o 45º estado dos Estados Unidos. 1900 - Celebrase en Valencia unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán. 1904 - Créase en España o primeiro laboratorio de aeronáutica. 1904 - O presidente estadounidense Theodore Roosevelt, Jr. dirixe unha mensaxe ó Congreso sobor os feitos de Panamá. 1918 - Rusia recoñece a independencia de Finlandia. 1920 - Celébrase o día da lingua catalá, organizado en Barcelona pola asociación Nostra Parla. 1923 - Nun post scriptum ao seu "testamento", Lenin recomenda a destitución de Iosif Stalin. 1929 - As dúas Fundacións Rockefeller fúndense nunha, que se converte na organización filantrópica máis poderosa do mundo. 1932 - Gandhi é detido na India. 1936 - A revista neorquina The Billboard publica o primeiro hit parade do mundo. 1938 - Os británicos postergan un plan para a partición de Palestina. 1941 - A actriz cinematográfica alemá Marlene Dietrich obtén a nacionalidade norteamericana. 1946 - IBM Corp. doa a Franco 109 000 pesetas para que sexan repartidas entre as clases máis necesitadas. 1947 - Aparece o semanario político alemán Der Spiegel. 1948 - Birmania obtén a súa independencia do Reino Unido. 1951 - Guerra de Corea, as forzas comunistas reconquistan a cidade coreana de Seúl. 1954 - Elvis Aarón Presley grava o seu primeiro disco. 1956 O satélite artificial soviético Sputnik 1 desintégrase na atmosfera. Edmund Percival Hillary alcanza o Polo Sur. 1959 - O vehículo espacial soviético Moon 1 é o primeiro que logra escapar da atracción terrestre. 1960 - Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Suíza, Austria e Portugal firman en Londres o tratado fundacional da Comunidade Europea de Libre Cambio (EFTA). 1963 - May-Britt Moser, neuróloga e psicóloga norueguesa, premio nobel de medicina de 2014. 1964 - O papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras. 1969 - Firma en Fez do tratado de retrocesión do territorio de Ifni de España a Marrocos. 1972 - Rose Heilbron convértese na primeira xuíza do Reino Unido. 1973 - Rouban do Museo de Belas Artes de Montreal obras por dous millóns de dólares, incluíndo un Rembrandt. 1976 - Celébranse manifestacións en Bilbao e Donosti para pedir a amnistía. 1977 - Lei sobre a reforma do Rexistro Civil en España, que permite a imposición de nomes, e a tradución dos xa rexistrados, a calquera das linguas do Estado. 1978 - Créase o Consello Xeral do País Vasco, con Jesús María de Leizaola como primeiro lendakari. 1978 - Apróbase por ampla maioría o referendo proposto polo Goberno de Augusto Pinochet que rexeita a "inxerencia estranxeira nos asuntos internos de Chile". 1979 - O Sha de Irán abandona Teherán camiño do exilio, e nomea a Bajtiar xefe do Goberno. 1980 - Jimmy Carter anuncia o boicot dos Xogos Olímpicos de Moscova. 1981 - A policía británica detén a Peter Sutcliffe por considera-lo sospeitoso de se-lo "destripador de Yorkshire". 1983 - Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Cabul. 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados. 1984 - Israel bombardea o Líbano causando máis de 100 mortos e 400 feridos na rexión de Baalbek. 1986 - Un morto, 5 hospitalizados e outras 70 persoas afectadas por unha explosión tras o escape de 12,6 toneladas de hexafluoruro de uranio nunha planta de Oklahoma (Estados Unidos). 1989 - George H. W. Bush proclámase 41º presidente dos EUA. 1990 - En Londres nace un neno tras unha operación cardíaca realizada con éxito no ventre da súa nai. 1992 - George H. W. Bush anuncia a fin do embargo imposto a Camboxa durante 17 anos. 1993 - Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior. 1996 - Tras un acareo con Barrionuevo, Damborenea afirma que o exministro do Interior asistiu a reunión que deseñou a estratexia dos GAL. 1999 - Inaugúrase o derradeiro tramo, de 650 quilómetros, do ferrocarril amazónico que une Brasil e Bolivia. 2006 - Evo Morales, presidente de Bolivia, vén de visita oficial a España para entrevistarse con Zapatero.
Nacementos miniatura|150px|Celso Emilio Ferreiro miniatura|150px|Ana Romero Masiá 1551 - Vicente Espinel, poeta e músico español 1643 - Isaac Newton, físico e matemático inglés 1710 - Giovanni Battista Pergolesi, compositor italiano 1720 - Johann Friedrich Agricola, compositor alemán 1784 - François Rude, escultor francés 1785 - Jakob Grimm, filólogo alemán, un dos Irmáns Grimm 1809 - Louis Braille, mestre ideador do alfabeto braille 1813 - Sir Isaac Pitman, mestre e inventor británico 1822 - Georg Büchmann, filólogo alemán 1838 - Charles Stratton, director de cine estadounidense 1839 - Casimiro de Abreu, poeta brasileiro 1852 - Juan Guiteras Gener, médico cubano 1855 - François Rude, escultor francés 1857 - Pedro Aquilino López Medina, empresario colombiano 1874 - Josef Suk, compositor checo e pai do violinista Josef Suk. 1881 - Wilhelm Lehmbruck, escultor alemán 1882 - Ángel Barrios Fernández, "Polinario", músico e pintor español 1883 - Max Eastman, escritor de esquerdas estadounidense 1884 - Miguel Carlos Victorica, artista arxentino 1896 - Everett Dirksen, político americano 1896 - André Masson, pintor francés 1896 - Roberto Rossi, pintor arxentino 1904 - Cayetano Ordóñez Aguilera "Niño da Palma", toreiro español 1910 - Elixio Rodríguez, destacado galeguista. (m. 2007) 1912 - Celso Emilio Ferreiro, poeta galego. (m. 1979) 1912 - Felipe De la Fuente, pintor arxentino 1913 - Sixto Ríos García, matemático e académico español 1913 - Manuel Andújar, escritor español 1914 - Jane Wyman, actriz estadounidense 1915 - Robert Motherwell, pintor estadounidense 1921 - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo. 1922 - Alberto Iniesta Jiménez, bispo auxiliar de Madrid 1923 - Félix Alcalá Galiano, militar español 1928 - Juan Pérez Crusells, tenente xeneral 1929 - Pedro Bermejo Marín, embaixador de España en Chile 1929 - Pucho Boedo, cantante galego (m. 1986). 1929 - Antonio Barrera de Irimo, avogado, economista e exministro español 1929 - Juan Carlos Altavista, actor cómico arxentino 1930 - Manuel Alcaide Alonso, maxistrado español 1930 - Barbara Rush, actriz norteamericana 1932 - Carlos Saura, director de cine español 1934 - Rudolf Schuster, presidente de Eslovaquia 1935 - Floyd Patterson, boxeador estadounidense 1937 - Dyan Cannon, actriz estadounidense 1940 - Helmut Jahn, arquitecto alemán 1940 - Gao Xingjian, escritor chinés, Premio Nobel de Literatura 1940 - Guillermo Medina, periodista español 1940 - Brian David Josephson, físico británico 1942 - John Mclaughlin, guitarrista, músico e compositor británico 1943 - Doris Kearns Goodwin, escritor estadounidense 1943 - Jesús Torbado, escritor e xornalista español 1943 - Alberto Iniesta, bispo español 1943 - Betty Elizalde, xornalista e locutora de radio arxentina 1946 - Arthur Conley, músico e cantante estadounidense 1946 - Henrique Harguindey, escritor e tradutor galego. 1948 - Margaret Marsall, soprano escocesa 1951 - Sergio Moreno Monrove, político español 1952 - Ana Romero Masiá, historiadora e profesora galega 1953 - Norberto Osvaldo Alonso, futbolista arxentino 1955 - Mark Hollis, músico australiano 1956 - Bernard Summer, músico inglés 1960 - Michael Stipe, cantante de R.E.M. 1964 - Guy Forget, tenista francés 1964 - Guillermo Asensio, futbolista español 1965 - Julia Ormond, actriz británica 1969 - Julio Aparicio, toureiro español 1969 - Rosa Enríquez, escritora galega 1972 - Laia Marull, actriz española 1974 - Fernando Sanz, futbolista español 1974 - Tayda Lebon, modelo brasileira
Mortes miniatura|Cruceiro do Hío de Xosé Cerviño García miniatura|150px|José Lamela Bautista 41 - Caio César Augusto Xermánico, Calígula, emperador romano. 362 - Santa Dafrosa, relixiosa mártir española. 749 - San Rigoberto, arcebispo de Rheims. 1248 - Rei Sancho II de Portugal. 1624 - Vicente Espinel, escritor e músico español. 1742 - Edmund Halley, astrónomo británico. 1761 - Stephen Hales, fisiólogo británico. 1782 - Jacques Ange Gabriel, arquitecto francés. 1786 - Moisés Mendelsohn, filósofo xudeu da Ilustración. 1804 - Charlotte Lennox, escritora e poeta inglesa. 1831 - James Monroe, presidente dos Estados Unidos. 1864 - Pascual Bravo Echeverri, escritor e militar colombiano. 1877 - Cornelius Vanderbilt, empresario estadounidense. 1896 - Joseph Hubert Reinkens, bispo alemán. 1897 - César Cisneros Luces, xornalista e escritor galego (n. 1849). 1913 - Alfred von Schlieffen, mariscal prusiano. 1920 - Benito Pérez Galdós, novelista español. 1922 - Xosé Cerviño García, canteiro e escultor, autor do cruceiro do Hío. 1940 - Manuel González García, bispo español, fundador das Misioneiras Eucarísticas de Nazaret. 1941 - Henri Bergson, filósofo francés. 1944 - Kaj Munk, autor teatral e clérigo danés. 1960 - Albert Camus, escritor e filósofo francés, Premio Nobel 1957. 1961 - Erwin Schrödinger, físico austríaco. 1961 - Barry Fitzgerald, actor irlandés. 1965 - Thomas Stearns Eliot, poeta, dramaturgo e crítico literario estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1948 (n. 1888). 1966 - Cees Rinks de Boer, arquitecto holandés. 1967 - Donald Campbell, piloto de carreiras de automóbiles e embarcacións británico. 1979 - Serafín Adame, xornalista e escritor español. 1980 - Anita Payro, pintora arxentina. 1986 - Christopher Isherwood, escritor anglo-estadounidense. 1986 - Phil Lynott, músico inglés. 1990 - Alberto Lleras Camargo, expresidente de Colombia (n. 1906). 1996 - Tino Bianchi, actor italiano. 1998 - Mae Questel, actriz estadounidense. 1998 - Francisco Rodrigo, poeta e político filipino. 1998 - Ariel Henrìquez Castillo, músico, compositor e cantante colombiano. 1998 - Carlo Ludovico Bragaglia, cineasta italiano. 1999 - José Vela Zanetti, pintor e académico español. 1999 - Iron Eyes Cody, actor estadounidense. 2000 - José Antonio Fernández Ordóñez, enxeñeiro e arquitecto español. 2002 - Esquivel, músico mexicano. 2015 - Carmen Pérez Navazal, labrega e vocalista galega (n. 1925). 2021 - José Lamela Bautista, historiador, escritor, xornalista, político e enxeñeiro industrial galego (n. 1947).