Dead Oceans é un selo discográfico independente estadounidense formado en 2007 e baseado en Bloomington, Indiana.

Historia En 2007, Phil Waldorf fundou Dead Oceans con Chris Swanson. Swanson suxeriu o nome Dead Oceans, que proviña da letra da canción de Bob Dylan "A Hard Rain's a-Gonna Fall" (1963). O irmán de Chris,Ben Swanson, Darius Van Arman, e Jonathan Cargill de Secretly Canadian e Jagjaguwar tamén axudaron a fundar o selo. A discográfica é parte da familia de etiquetas independentes Secretly Group.

Algúns dos primeiros lanzamentos do selo son Pride de Phosphorescent, Rise Above de Dirty Projectors, e Set ‘Em Wild, Set ‘Em Free de Akron/Family, que van dende o folk ata o art punk. Dead Oceans publicou traballos de Julianna Barwick, Mitski, Phoebe Bridgers, Japanese Breakfast, Ryley Walker, The Tallest Man on Earth, Kevin Morby, Marlon Williams, Shame, e moitos outros.

En 2017 Dead Oceans publicou o primeiro álbum da banda de shoegaze Slowdive en 22 anos.

No ano 2018 Dead Oceans foi listado no número 7 da lista das 10 mellores discográficas de 2018 da revista Paste. Jagjaguwar foi número 4 e Secretly Canadian apareceu no posto 8.

Artistas

A Place to Bury Strangers Akron/Family Alex Lahey Bear in Heaven Better Oblivion Community Center Bill Fay Bishop Allen Bleached Bowerbirds Brazos Bright Eyes Califone Citay Destroyer Dirty Projectors Dub Thompson Durand Jones & The Indications Evangelicals Fenne Lily Frog Eyes Gauntlet Hair Japanese Breakfast John Vanderslice Julianna Barwick Kane Strang Kevin Morby Khruangbin Mark McGuire Marlon Williams Mitski Mt. St. Helens Vietnam Band Nurses On Fillmore Phoebe Bridgers Phosphorescent Ryley Walker Shame Sloppy Jane Slowdive Strand of Oaks Sun Airway The Donkeys The Explorers Club The Luyas The Tallest Man on Earth These Are Powers Tom Rogerson Toro y Moi Wednesday White Hinterland

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do selo

Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Indiana